Cásting para "Amor na rede", un novo programa da TVG para o verán
NOTICIAS TV-CINE

Búscanse participantes para un reality en que buscarán a súa parella ideal a través das redes sociais.

 Image

O vindeiro mércores 8 de abril, na cidade de Vigo, terá lugar un cásting para escoller participantes para un novo programa que chegará ás pantallas da Televisión de Galicia este verán. Trátase de "Amor na rede", que realiza Adiviña Producións para a TVG. "Amor na rede" axudará os seleccionados co asesoramento de especialistas en redes sociais de busca de parella. Os expertos levarán a cabo un estudo do perfil de cada persoa e presentaranlle os candidatos máis compatibles. Así mesmo, están previstas diversas actividades lúdicas e unha cea romántica nun lugar moi especial.

Os interesados/as deben poñerse en contacto con Adiviña Producións no teléfono 981 638569 e vía enderezo electrónico en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 
Estrea do documental UNITARIAS.
NOTICIAS DOCUMENTALES

O próximo 28 de febreiro, se estrea o documental “UNITARIAS. HISTORIA DUN MESTRE GALEGO”, no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

As experiencias persoais dos mestres, que dende os anos 50 do século pasado, impartiron as súas clases nas pequenas escolas do rural galego, chamadas unitarias, preséntannos a realidade dun país que evoluciona dende o analfabetismo á cultura dixital, dende a ditadura á democracia e, que ademais, ten que encaixarse dentro dos distintos marcos que provocan unhas leis educativas cambiantes.
Tratase dunha nova produción documental de Adiviña, que conta co apoio da AGADIC.
 
 Image
Máis información en: unitarias.es
 
Unitarias
DOCUMENTALES

Image

Adivina rematou a rodaxe de "Unitarias", un documental que reconstrúe a historia das escolas do rural de Galicia, a través da vida de Alberto Sacido, un mestre que empezou traballando nestas escolas nos anos 60. A través das súas experiencias, o documental presenta as numerosas reformas do sistema educativo e aos cambios que tiveron que asumir profesores e alumnos durante estes últimos 50 anos.

 


Adivina Producciones | inicio
nota legal
NOTICIAS